jueves, 23 de abril de 2020

CARTA DE CHIMPALIBROS

Ola rapazada!! Que tal estades?

Non sei onde andades metidos pero bótovos moitííííísimo de menos, o colexio sen vós non é o mesmo. Xa nos vos escoito rir, gritar, correr .... estou moi aburrido aquí sen vós. Espero que volvades pronto!
Quería proporvos un reto. Que vos parece? Estiven pensando que como hoxe se celebra o Día do Libro poderíades facer nas vosas casas coa axuda dos vosos papás, avós ou irmás maiores un marcapáxinas personalizado e despois unha vez que esté rematado o que se anime pode quitarse unha foto co seu marcapáxinas e enviarlla ao correo da profe Mar (profe.mar.fornelos@gmail.com) pois eu non teño correo electrónico.  Cando as teñamos todas os profes subiranas ao Blogue da Biblioteca para que poidades velas.

Un bico moi forte e espero veros pronto.

CHIMPALIBROS



No hay comentarios:

Publicar un comentario