lunes, 9 de marzo de 2020

NOVIDADES DO MES DE MARZO

Chegou o mes da primavera e con el as novidades do mes de marzo. 


Aquel neno pasaba as horas subido nunha árbore. A nai berráballe des a ventá: eres un galopín! E así, un día tras outro ata que o neno acabou por esquecer o seu verdadeiro nome.... Este é un libro sen idade que achega material para a reflexión sobre a importancia do afecto e axuda a ver detalles que poden pasar inadvertidos, pese a que en realidade conforman a personalidade dun individuo.







No val dos muiños viven homes, mulleres e nenos como os de calquera lugar. Un día chegaron ao val as máquinas perfectas cunha gran oferta. Premer un botón e todo o mundo podría vivir nun mundo perfecto .Xa non sería preciso soñar. Estarán distospos todos os habitantes do val a deixar de soñar?






Abre este libro e vive tantas aventuras como Martín!!








Un mosquito ofrécelle a súa axuda a un ancián que quere descubrir cal é a carne máis saborosa, e líbrarse así dunha terrible serpe que o quere comer. A cambio, o ancián dalle unha dentadura de ferro para que ningunha víctima se lle resista, pero o insecto utilizaraa para satisfacer a súa voracidade desmedida.



Había unha vez unha selva na que todos os seus habitantes tiñan a pel con manchas. As súas vidas eran moi felices, agás por unha cousa: tíñanlle medo aos animais con raias que vivían na selva da outra veira do río. Pero un día o leopardo sae a exoplar e.................




Mortiña e o seu amigo, un galgo albino chamado Tristeiro, viven coa tía Defuntiña e pasan os días xogando coas pantasmas de Vila Decadente. Pero un día ocorre algo inesperado: algúns nenos do lugar, amigos de Mortña, chegan a Vila Decadente despois de recibiren unha misteriosa invitación, namentres tía Defuntiña desaparece. Tramaría algo o repugnante curmán Dilbert que acaba de facerlle unha visita???

jueves, 5 de marzo de 2020

PIONEIRAS

Para conmemorar o  DÍA INTERNACIONAL DA  MULLER fixemos unha exposición do libro PIONEIRAS no cal nos fala de mulleres galegas que foron capaces de desviarse do camiño que a sociedade do momento lles reservaba e faceren grandes contribucións sociais e conquistas de dereitos que legan as novas xeracións.



8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.  Esta é unha data destinada na recoñecer ás mulleres como artífices da historia e da loita pola súa liberación e igualdade co home.

Dende a Biblioteca do noso cole queremos participar deste día cunha selección de libros que fomentan a igualdade entre nenas e nenos, homes e mulleres e nos deixa ver a importante labor que levamos a cabo as mulleres a longo da historia e que moi pouca xente coñece.