jueves, 23 de abril de 2020

23 DE ABRIL DIA DO LIBRO

Ola rapaces/zas sabedes que día é hoxe????  

Pois si, hoxe é o día do libro, e aínda que este é un día diferente pois non podemos estar todos xuntos no colexio para poder celebralo, queremos facer algo especial.

Convidávosmos a unha sesión de contacontos pero vez de facelo na Biblioteca coma todos os anos imos a facelo dende as  nosas casas.

Contos para Infantil, primeiro e segundo













 


Contos para terceiro, cuarto, quinto e sexto







 Por certo...gustaríanos proporvos algo..... algún de vos se atreve a contarnos ou leernos  algún conto que teñades na casa e a gravalo en vídeo??


Se é así me gustaría que o enviásedes a este correo profe.mar.fornelos@gmail.com para despois poder publicalo no blogue da Biblioteca.   Ánimo pois eu sei que neste cole temos unhas alumnas/os as que lles gusta moito contar contos aos mais peques, verdade????


E para os que non vos apeteza a ler un conto e gravalo podedes  enviarnos unha foto co libro que estades a ler ou co voso libro preferido.

Os profes xa nos animamos agora faltades vós!










2 comentarios:

  1. Me gustaron mucho los cuentos y el vídeo que más gustó fue el de los profes. Muchos besos para todos

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Valeria, alégranos moito que che gustase o vídeo.

    ResponderEliminar